Bienvenido | Benvinguts | Benvidos | Ongi Etorri

Sistema Nacional de Empleo

Accesibilidade | Mapa Web | Escoite

Inicio ·

Información xeral.

Un portal de todos para todos.

O Sistema Nacional de Emprego está integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal e os servizos públicos de emprego das comunidades autónomas.

Un dos principios que a Lei 56/2003, do 16 de decembro, establece no seu artigo 8 para a organización e o funcionamento do Sistema Nacional de Emprego (SNE) é o de transparencia no funcionamento do mercado de traballo, tendo en conta, como elementos esenciais para garantir este principio:

Por iso, o Sistema Nacional de Emprego creou este PORTAL que é un portal de todos e para todos, que cumpre co principio constitucional de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e non discriminación, e tamén co principio de gratuidade tanto para os traballadores como para os empresarios.

O Portal do Sistema Nacional de Emprego permítelles aos distintos usuarios diversas funcionalidades que co tempo han ir incrementándose, mellorando e actualizando de acordo coas necesidades.

Normativa aplicable.

Os datos que transmitan os traballadores e empresarios a través do Portal incorporaranse nun ficheiro automatizado de datos; a súa utilización será exclusivamente para a finalidade para a que se creou.

Os datos serán tratados co grao de protección adecuado e coas medidas necesarias de seguridade para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado para finalidades distintas para as que lle foron solicitados ao usuario, cumprindo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e coas súas disposicións de aplicación e desenvolvemento.

A través do Portal todos os usuarios que acheguen datos prestan o seu consentimento expreso para a utilización destes para a finalidade anteriormente expresada, declarando ademais, a veracidade dos datos que achegan, podendo acreditalos mediante documentación pública ou privada que o demostre.

html 4.01 validado, css validado, wai-AA validado

© Sistema Nacional de Empleo, 2011.