Bienvenido | Benviguts | Benvidos | Ongi Etorri

Sistema Nacional de Empleo

Accesibilidade | Mapa Web |  Escuchar

Inicio ·

Accesibilidade e usabilidade

O Servizo Público de Emprego Estatal - SPEE, responsable da xestión de contidos deste portal, levará a cabo os cambios necesarios para que a información publicada nel sexa accesible aos usuarios que poidan ter problemas de oído, visión ou mobilidade, que poidan ter dificultades de lectura ou comprensión, non poidan utilizar o teclado ou o rato ou poidan ter un lector de só texto, unha pantalla pequena ou unha conexión lenta, de conformidade co disposto para os sitios web das administracións públicas pola Lei de servizos da sociedade da información e o comercio electrónico.

Para iso, estanse aplicando e satisfanse todos os puntos de verificación de prioridade 1 e 2 (nivel AA), definidos nas directrices de accesibilidade para o contido web 1.0 pola iniciativa de accesibilidade web (WAI), establecidos por World Wide Web Consortium (W3C).

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI

Todas as páxinas deste portal están construídas utilizando unha folla de estilo en cascada (CSS), acorde coas recomendacións do World Wide Web Consortium (W3C).

Icono W3C que indica que este contenido web utiliza CSS válido

O portal realizouse utilizando HTML e follas de estilo. A linguaxe de presentación utilizada é o resultado da transformación dos documentos orixinais que están construídos de maneira estruturada usando XML e ficheiros de presentación XSL.

Icono W3C que indica que este contenido web utiliza HTML 4.01 Transicional válido

Este espazo web utilizou a ferramenta de validación automática TAW - Test de accesibilidade web. Esta ferramenta, desenvolvida pola Fundación CTIC co apoio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e do Goberno do Principado de Asturias, permite realizar unha análise e proporciona información sobre o grao de accesibilidade que presentan as páxinas web.

Así mesmo, esta web foi revisada manualmente polo persoal experto.

A última revisión de accesibilidade realizada é en novembro de 2010.

O noso obxectivo é seguir traballando cada día na mellora da accesibilidade. Invitámolo a que nos envíe as súas queixas ou suxestións para axudarnos a facer que este portal sexa máis accesible.

Envío de suxestións de accesibilidade.

Debido ao gran volume de información publicado neste portal, á extensión dos seus documentos e á frecuencia de actualización, a adaptación das páxinas aos estándares de accesibilidade para documentos anteriores a marzo de 2007 realizarase paulatinamente, tendo en conta que este labor é lento porque os distintos documentos están maquetados segundo os estilos do momento no que foron publicados e é necesario dotalos dunha nova estrutura de documento para este fin.

Este portal está optimizado para os navegadores MS Internet Explorer 5.0, Netscape 6.0 e Mozilla 1.1 ou versións superiores deles. A resolución mínima recomendada é de 800 por 600 píxeles.

Para obter a máxima experiencia visual do portal é conveniente, aínda que non imprescindible, dispoñer de JavaScript no navegador e telo activado.

Tamaño do texto

Utilizáronse fontes con tamaños relativos de xeito que se o usuario prefire unha fonte maior, poderá seleccionalo a través das opcións de tamaño de texto do seu explorador.

Estrutura das páxinas

Este portal está deseñado cun formato común para todas as páxinas de contidos, zona de cabeceira e ruta de navegación (localizador), zona central e pé de páxina. Esta disposición permite familiarizarse facilmente coa estrutura dos documentos e facilítalles a navegación a aquelas persoas que necesitan axudas técnicas para utilizar o sitio web.

Cabeceira: Inclúe área de selección de idioma, área de menú de utilidades e buscador.

A zona de subcabeceira inclúe a ruta de navegación, que realiza a dobre función de orientar o usuario e permitir a navegación cara a outras páxinas.

Área central de contidos e menú de navegación principal.

Área de pé que serve de peche das páxinas e mostra información institucional.

Formatos dos contidos

Algúns contidos amósanse ou amplíanse con contidos dispoñibles noutros formatos de presentación para os que algúns usuarios non dispoñen dos conectores (plugins) necesarios. A continuación móstranse os formatos utilizados polo sitio web do Sistema Nacional de Emprego e as ligazóns para descargalos de forma gratuíta.

Declaración de conformidade

Esta declaración de conformidade recolle aquelas páxinas que se atopan baixo o dominio www.sistemanacionalempleo.es, excluídas as páxinas ás que nos levan as ligazóns externas e mais os contidos que son incrustados en www.sistemanacionalempleo.es pero que proveñen doutros servidores.

html 4.01 validado, css validado, wai-AA validado

© Sistema Nacional de Empleo, 2011.